Friday, January 3, 2014

Pai Noso - Padre Nuestro. Deus nos pille confesado.

Pedro Brandariz presenta neste novo espectáculo un monólogo cómico que versa sobre o mundo da relixión, pero da relixión máis enxebre, da relixión das parroquias, da que sufrimos día a día as galegas e os galegos.

No espectáculo mostranse os aspectos máis cómicos das propias misas e dos curas, auténticos showmans.

Pai Noso parodia o mundo do clero, da feligresía e do cristianismo. Todo esto dende un punto de vista lúdico e cómico.

Pero este espectáculo non é complaciente coa igrexa, senón todo o contrario, Pai Noso – Padre Nuestro, é un espectáculo totalmente ATEO. 

Pedro Brandariz é da relixión do humor, do bo rollo e do clown. Como di LEO BASSI para ser clown ou bufón é necesario ser ATEO.

Brandariz ofrece un novo modelo de “misa” máis innovadora e dinámica dende as Sagradas Escrituras ata a Comunión final. O actor revisa en clave cómica cada un dos aspectos do ritual eclesiástico.

O actor despois do seu exitoso traballo en solitario PGU, presenta esta nova proposta onde bota man de técnicas escénicas ben diferenciadas dende a narración oral galega ata a stand up comedy, pasando, inevitablemente polo clown.

En definitiva un parodia da igrexa que non deixará indiferente a ninguén.

Un espectáculo para os ate@s, para os católic@s, para @s musulmáns, para @os hindús, para os gord@s, para os frac@s, para os guap@s, para os fe@s, para os alt@s, para os baix@s …

Para todas e todos.


No comments:

Post a Comment