Thursday, January 2, 2014

Quen é Pedro Brandariz?

¿QUÉN É PEDRO BRANDARIZ?

Pois Pedro Brandariz é un dos cómicos galegos máis emerxentes. Actor, showman, clown, monologuista, contacontos, cabareteiro … Brandariz aborda o humor dende moi diferentes eidos: narración oral, teatro, clown, televisión …

Este artista “de ampla presenza” ten un extenso curriculum teatral e audiovisual. Procede do mundo do clown (modalidade teatral que pon en práctica en diferentes compañías) aínda que ten traballado en compañías de teatro de comedia, teatro infantil, cabaret e sobre todo como monologuista. Dende hai máis de doce anos Brandariz percorre a xeografía galega e peninsular de teatro en teatro, de sala en sala e de bar en bar. 


Pero isto non remata aquí pois Pedro Brandariz é unha das caras máis recoñecibles da TVG, grazas á intervención en diferentes programas e series, pero sobre todo no exitoso programa Luar da TVG. 


Ademáis o actor tamén participou en numerosas webseries, curtas de cinema e pezas experimentais.


Outra das súas dimensións cómicas maniféstase na radio pois ten todos os mércores unha sección de humor en La Ventana de A Coruña de Radio Coruña Cadena Ser, titulada "Nunca choveu que non escampara", ademáis de ser colaborador da sección "Los Cocos" e "Praza do Humor" da mesma emisora.

Na súa formación ten traballado cos mellores mestres do clown: Leo Bassi, Carlo Colombaioni, Eric de Bont, Jango Edwards e Peter Ercolano, Loco Brusca, Elliot, Michael Dallaire, Antón Valén, Andrés del Bosque, Carles Montoliu …

En definitiva, un actor que bebe de fontes escénicas moi diversas para ofrecer espéctaculos no que se mesturan todas esas variedades.


Os seus espectáculos en solitario máis coñecidos son:

- PGU
- Profundizando na Galiza Profunda
- Familia?, non grazas
- Pai Noso, Padre Nuestro

- Technologies
- Contos e outras andrómenas (espectáculo infantil)

- Os Contos do Grúfalo (espectáculo infantil)
- Non Máis Princesas (espectáculo infantil)
- Contos de Michos (espectáculo infantil)
- Heroes e Heroas (espectáculo infantil)
-
Pero ademáis traballa nas seguntes compañías.


- Cousas Veredes

- Culturactiva
- Os Sete Magníficos + Un (compañía de clown).

- DINAMOproducións (teatro de comedia e infantil)


E tamén o foi de:

- Teatro do Astracán (teatro de comedia)
- Dous son Compañía (compañía de clown).
- Manicómicos (compañía de clown e teatro de rúa)
- Produccións Desaqueloutradas (compañía de teatro infantil e xuvenil)
- La ImproTK (compañía de improvisación teatral)

Clowntacontos.
- Grupo Estable de teatro do Concello de Oleiros.

No eido audiovisual destaca a súa participación nos seguintes proxectos:

Luar (programa de variedades): actuacións semanais

- Malo Será (programa de humor): actor de reparto
- Casa Manola (serie episódica): actor de reparto
- Luci (serie episódica): actor de reparto
. Para mariñeiros nós (serie episódica): actor de reparto
- "Mataría Microserie" (webserie): actor protagonista
- "Peter Brandon, unha vida pola comedia" (webserie): actor protagonista.
- "Galicia Crime" (webserie): actor protagonista
- Antolepsia (webserie): actor de reparto.
- "Radio-Taxi" (serie de humor): actor de reparto
- Buscando Estrelas (concurso humor): concursante (2º clasificado)
- Incomunicados (curta): actor principal
- Koruño, Legado de Hércules (falso documental): actor de reparto
- Pinzitas (curta): actor principal

E tamén fai radio:

- Sección "Nunca choveu que non escampara", no programa La Ventana de A Coruña, de Radio Coruña, Cadena Ser.
- Sección "Os Cocos (Cómicos Coruñeses)" no programa Hoy por Hoy A Coruña, de RadioCoruña, Cadena Ser

- "Ojo Cuidao Live Radio Show": programa de radio gravado en directo, emitido en podcast e por youttube.

PEDRO BRANDARIZ calidade




No comments:

Post a Comment