Saturday, March 25, 2017

Pedro Brandariz en Improvisar e Gañar

Dende o pasado mes de Xaneiro de 2017 Pedro Brandariz embarcouse nun novo proxecto teatral. Desta volta é o espectáculo "Improvisar e Gañar", unha montaxe de improvisación teatral onde comparte escenario con grandes improvisadoras/es como Marta Iglesias, Víctor Grande, Oswaldo Digón...

Neste espectáculo as persoas que conforman o público escriben frases, ideas. enunciados... o que se lles pase pola cabeza e con ese material as improvisadoras/es crean scketchs, esceas improvisadas... seguindo unha estrutura con xogos aleatorias que marca unha ruleta, elemento central do espectáculo.

Todos os martes ás 21:30 no Babá Bar da Coruña represéntase un show diferente de "Improvisar e Gañar", pois cada día é diferente. 


No comments:

Post a Comment