Wednesday, May 10, 2017

Estrea da Webserie Peter Brandon no Carballo Interplay

O pasado 5 de maio as produtoras coruñesas Porco Bravú e DINAMOproducions presentaron a nova webserie "Peter Brandon, unha vida pola comedia" no Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay.

Polo momento presentáronse os tres primeiros capítulos dunha serie de 7, que no mes de setembro comezarán a subirse á web. Mentres tanto haberá diferentes presentacións públicas en distintos puntos da xeografía galega.

Na serie participan actores e actrices como Miguel de Lira, Evaristo Calvo, María Tasende, María Costas, Xosé Antonio Touriñan, Marcos Pereiro, David Amor, Isabel Risco, Daniel Vilaverde, Xosé Manuel Esperante, Fran Rei, Lucía Veiga, Bruno Martín Ojeda... así como evidentemente Pedro Brandariz.


No comments:

Post a Comment