Saturday, February 24, 2018

Pedro Brandariz en "Eu Queríame Casare" de DINAMOproducións

Dous grandes do humor como son Lucía Veiga e Pedro Brandariz reúnense nun novo espectáculo títulado "Eu Queríame Casare".

Trátase dun espectáculo escrito polo gran dramaturgo José Prieto e dirixido por Marita Martinez Arcay.  "Eu Queríame Casare" ven sendo unha comedia total na que se presenta a vida de dous fracasados niso chamado "amor·. "Antón e Lola", os protagonistas da montaxe, agárranse a unha última oportunidade de atopar o amor e aínda por riba de maneira televisada.

Un espectáculo en clave de comedia absoluta, con situacións moi cómicas coas que o público se sentirá moi identificado.

A montaxe foi producida e será distribuida por DINAMOproducións. Percorrerá as principais cidades galegas e boa parte dos concellos de Galicia.




No comments:

Post a Comment