Saturday, March 24, 2018

Peter Brandon, premiada como Mellor Serie Web nos XVII Premios Mestre Mateo (2018)

O pasado 3 de marzo, a Academia Galega do Audiovisual entregou o Premio "Mellor Serie Web" a "Peter Brandon, unha vida pola comedia" das produtoras Porco Bravú e DINAMOproducións.

"Peter Brandon" é unha webserie que ó estilo de falso documental retrata a vida dun cómico, neste caso Pedro Brandariz. Amósase dun xeito realista e descarnado a trastenda da vida dun cómico de oficio, dun artesán da comedia. 

A comedia é marabillosa, pero non todo é positivo e "happy" na comedia. Os cómicos, e en realidade calquera persoa que se adique á creación, quere mellorar, sufre, vive coas súas circunstancias... e son precisamente esas circunstancias as que Óscar Cruz (guionista) e Jorge Boquete (director) queren transmitir con esta webserie protagoniza por Pedro Brandariz.

Pedro Brandariz recolle este Mestre Mateo tan colectivo despois de recoller no 2017 outro por Galicia Crime.



No comments:

Post a Comment