Sunday, April 22, 2018

Pedro Brandariz en "Dinosaurio, la Serie"

A comezos de abril xuntáronse un grupo creadoras/es audiovisuais no Campamento Kamikaze, en Razo (Carballo), dentro do Festival de Contidos Dixitaisc CARBALLO INTERPLAY.

En pouco máis de 48 horas foron quen de artellar dende 0 unha webserie. Primeiro foi sacar unha idea central de partida para os tres capítulos, despois elaborar o guión, posteriormente veu a rodaxe (moi improvisada) e finalmente a dura etapa de montaxe. 

O terceiro día a webserie foi estreada no Carballo Interplay con gran éxito de público e crítica. 

Os tres capítulos xa están subidos á Youtube, así como a "premisa de partida" para que calquera interesada/o poida facer o seu propio capítulo, o seu propio "dinosaurio". 

Pedro Brandariz participa no capítulo 2 da serie, títulado "Phonema", dirixido por Anxos Fazáns e compartindo reparto con María Kayali e María Verdía. 

No comments:

Post a Comment