Sunday, September 23, 2018

"Technologies" o novo monólogo de Pedro Brandariz

Despois de máis de 15 anos con monólogos tan exitosos como PGU ou Profundizando na Galicia Profunda chega o momento do show máis “rompedor” de Brandariz.

O recoñecido cómico galego “arremete” dunha forma totalmente humorística contra a obsolescencia programada, analizando, moi cómicamente, a vertixinosa evolución das tecnoloxías cotiás, as do día a día.

Brandariz fala con nostalxia das cintas cassete, dos VHS, dos DVDs, dos CDroms e dun lote máis de cacharradas que agora non sabe que facer con elas. E fala con cabreo de todos os cartiños que invertiu en algo que agora ven sendo "auténtico lixo".
En definitiva, un repaso tecnolóxico ó noso pasado máis recente co que o público se identificará ás primeiras de cambio e que máis pronto que tarde provocará as gargalladas do respetable. 





No comments:

Post a Comment