Sunday, March 17, 2019

Pedro Brandariz participa nas Webseries Premiadas co Mestre Mateo de 2019, 2018 e 2017

O pasado 2 de marzo a Academia Galega do Audiovisual entregou os seus Premios Anuais Mestre Mateo e, na categoría de "Mellor Serie Web" resultou gañadora "Dinosaurio, a serie", un novo proxecto no que se embarcou Pedro Brandariz, protagonizando un dos seus capítulos. A experiencia xurdiu no seo do Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay. 

Os proxectos nos que participou Brandariz en anos anteriores tamén resultaron premiados en 2018 e 2017, como por exemplo o persoalísimo "Peter Brandon, unha vida pola comedia" (producida por Porco Bravú) e "Galicia Crime" (producida por Cousas Veredes), 

Ademáis ten participado en outras moitas webseries (e as que veñen en proxecto), así como en todo tipo de proxectos novidosos no eido dos contidos audiovisuais e dixitais. 

As webseries (mellor dito os contidos dixitais) son un formato marabilloso para arriscar, para crear libremente e para aprender. Aló imos!!!


No comments:

Post a Comment