P.G.U. non é un monólogo clásico, onde toda a importancia está no guión, senón que Brandariz leva a cabo un “monólogo clown”, onde non só importa o que se dí, senón tamén a forma de dicilo, a personaxe, etc.
O actor fala en primeiro lugar da crueldade da súa infancia e xuventude, onde todos os seus compañeiros se metían con el, por ser o gordo da clase, o gordo da pandilla, o gordo do equipo, en fin o gordo dos gordos. Todo esto tomado con moita filosofía e con moito, moito humor.
Logo Brandariz comenta as desvantaxes de ser gordo, dende as máis simples e coñecidas ata as máis graciosas, incongruentes e sorprendentes.
Despois das desvantaxes o “gordo” decide tomar medidas e ponse mans á obra para adelgazar, probando os máis variopintos métodos de adelgazamento: ximnasia, dietas, biomanán, teletienda, etc. Evidentemente ningún destes productos da resultado.
Debido a esto o “gordo” decide aceptarse tal e como é, buscando as ventaxas de ter uns cantos kilos demáis, e incluso acaba formando o P.G.U: “Partido dos Gordos Unidos”
A maioria das anécdotas e peripecias que se narran son reais, aínda que algunhas están un pouco esaxeradas e outras poucas inventadas.
En fin, trátase dun monólogo que non deixará indeferente a ninguén, e sobre todo que provocará as gargalladas do público

No comments:
Post a Comment