O galego é un idioma bonito, “churrusqueiro”, ten o seu aquel … Brandariz neste novo espectáculo aborda o carácter morriñento das galegas e galegos, a través das súas expresións, do seu humor, das súas costumes, das súas festas, … Pero pouco a pouco o artista vai recuncando nas súas vivencias familiares, dentro dunnha familia evidentemente “galega”. Todo esto dende un punto de vista cómico que provocará as gargalladas do público, e que sobre todo non deixará a ninguén indiferente.
Dende o “guapo, guapo non é pero ten un pelaso”, ata o “ghastas pista? Pasando polas manías dos pais, as obsesións das avoas, ata chegar ós chistes máis máis máis galegos.
“Profundizando na Galiza profunda” é un “chou” co que todas e todos nos sentimos identíficados, pois todas/os “somos algo galegos”, ata os que din La Coruña, Arteijo, Corujo, tamén os que din “chaval ponme una ración de rajo con un vino alvarito”. Todas e todos.
Señoras e señoras, vaian subindo, que marcha o Castromil.
Para máis información:
619345100 – pedrobrandariz@hotmail.com
www.pedrobrandariz.com
No comments:
Post a Comment