Thursday, January 1, 2015

Familia? Non, grazas


Pedro Brandariz presente neste espectáculo un percorrido humorístico polos diferentes “personaxes” da súa familia, chegando á conclusión de que as nais galegas son crueis, os país tan só queren amosar que conducen ben, e as ávoas… as ávoas so queren darche os cartos ás agochadas, aínda que non haxa ninguén en cincuenta quilómetros á redonda.

E todas esas “personaxes” conforman a “familia” que é o máis “sagrado” ou o máis “pesado”, como aqueles longos días de ir á praia. Aquelo podería ser considerado deporte de risco: sair ás 6 da mañá, sen saber se vai chove ou non, sen saber chegar moi ben á praia, as dúas horas de dixestión…

Un espectáculo no que calquera se pode sentir identificada/o pois todos afortunadamente ou desafortunadamente temos unha familia.



No comments:

Post a Comment