Friday, December 31, 2021

Pedro Brandariz protagoniza a película "Jacinto" de Javi Camino

 "Jacinto" é o novo filme do recoñecido director Javi Camino, unha película de xénero que mestura terror, tenrura, acción e comedia. Foi definida como unha nova mostra do "terror rural" e para facerse unha idea, a película pode ser unha mestura entre Forrest Gump e a Matanza de Texas.

"Jacinto" é un neno de nove anos encerrado no corpo dun home de máis de corenta. Vive cos seus vellos pais en Mallou, unha aldea en ruinas nas montañas de Lugo. Son os tres únicos habitantes que quedan, pero todo cambia coa chegada dunha nova parella de veciñas, dúas "black metaleiras· que veñen de Suecia en busca dun lugar tranquilo. Pronto comezan os roces e os problemas.

O filme foi gravado no verán de 2020, xusto despois do confinamento e foi estreado no Festival Internacional de Cinema Fantástico de Sitges, onde se alzou co Premio do Público.

No ano 2021 tivo un gran percorrido por festivais con ata 15 seleccións en festivais, e un bó feixe de premios, entre os que destacan o Premio a Mellor Actor a Pedro Brandariz en dous de eles.

 

As seleccións de festivais foron as seguintes:

- Festival de Cinema Fantástico de Sitges. España.

- Film Maudit. California. EEUU.

- Buenos Aires Rojo Sangre. Argentina.

- Isla Calavera Film Festival. Illas Canarias. España.

- Feratum Film Festival. México.

- CinEuropa. Galicia.

- "Fancine" Festival de Cine Fantástico de la Universidad de Málaga. España.

- Festival de Terror de Molins. España.

- Festival de Cine Europeo de Sevilla. España

- FKM, Festival de Cinema Fantástico da Coruña.

- Festival "Curtas do Imaxinario" de Vilagarcía de Arousa. Galicia.

- Austin Film Festival. Texas. EEUU.

- Santiago Horror Film Festival. Chile. 

- Mile High Horror Film Festival. Colorado. EEUU

- Genre Blast Film Festival. EEUU,

E algúns dos premios máis importantes:

- Mellor Actuación "Pedro Brandariz" no Buenos Aires Rojo Sangre.

- Mellor Longametraxe no Isla Calavera Film Festival.

- Mellor Longamentraxe de Terror no Feratum Film Festival.

- Mellor Longametraxe no FKM da Coruña.

- Mellor Interpretación en Longametraxe a "Pedro Brandariz" no FKM da Coruña.

- Mellor Guión de Longamentraxe no FKM da Coruña. 

- Premio do Público "Planet Horror" á Mellor Longametraxe no Festival Curtas do Imaxinario de Vilagarcía. Galicia.

- Premio do Público no Festival Interncional de Cinema Fantástico de Sitges. España. 

- Premio para a Banda Sonora Orixinal no Santiago Horror Film Festival.

- Mellor Actor de Reparto para "Juanma Buiturón" no GenreBlast Film Festival.

No comments:

Post a Comment